Comarcas

A Policía Local de Redondela denuncia o “desisterese” do Goberno local cara ás vítimas de violencia de xénero

Aseguran que nin se teñen os medios nin o persoal necesario para dar a cobertura que precisan as vítimas

Representantes da plantilla da Policía Local de Redondela aseguran que “malia tódolos esforzos dos efectivos do corpo” para ofrecer o mellor amparo as vítimas de violencia de xénero e doméstica, “atópanse moitos impedimentos para facelo”. Asaguran que nin se teñen os medios nin o persoal necesario para dar a cobertura que precisan as vítimas.

Precariedade de medios, falta de efectivos e necesidade de formación

No mes de Xaneiro, o Goberno Local asinou un Convenio coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para ofrecer un programa de seguridade integral. “Dende a Policía Local ponse en coñecemento do Goberno Local, un mes antes, a precariedade de medios, a falta de efectivos, e a necesidade de formación actualizada para dar a protección que o novo protocolo establece e que obedece a nova normativa comunitaria, estatal e europea”.

Expoñéronse detalladamente, aseguran, “e en repetidas ocasións” como debería funcionar o grupo de “Vioxén”. Precísanse, por exemplo, espazos reservados para garantir a privacidade das vítimas ou ter un teléfono 24 horas para atención destas persoas.

Por desgraza, subliñan dende a Policía Local, o goberno de Redondela fai caso omiso das recomendacións que se lle achegan”.

A día de hoxe, engaden, “non se recibiu contestación” e “trabállase con precariedade absoluta de medios“.

Por iso, dende a Policía Local de Redondela quérese facer fincapé en que, cas vítimas de violencia de xénero non se fai populismo saíndo na prensa, sen facer caso ós traballadores que día a día tentan facer o traballo coa maior profesionalidade, coma se merecen tódalas vítimas que hai que protexer, axudar ou asesorar”.

You may also like