Galicia

A Xunta convoca oposicións para cubrir 104 de prazas de auxiliar de Policía Local

Son para 27 concellos galegos, 13 deles na provincia de Pontevedra

Dispara contra otro hombre en Castrelos, en una discusión por sus perros

A Xunta abriu hoxe o proceso para cubrir 104 prazas de auxiliares de Policía Local en 27 concellos galegos. Como publica o Diario Oficial de Galicia (DOG), a selección será de oposición por quenda libre.

Concellos

Os concellos que convocaron prazas son A Cañiza, A Estrada, A Guarda, A Laracha, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Cambados, Cangas, O Carballiño, Cedeira, Fene, Gondomar, Malpica de Bergantiños, Meaño, Miño, Mugardos, Noia, O Barco de Valdeorras, O Grove, Ortigueira, Poio, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Tomiño, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Requisitos

Os candidatos deben ter cumpridos os 18 anos e posuír un título de graduado en Educación Secundaria ou equivalente. Outro dos requisitos é ter unha estatura mínima de 1,65 metros no caso dos homes, e 1,60 metros para as mulleres.  Segundo informou a Consellería de Presidencia, para superar o proceso selectivo, será necesario realizar probas de aptitude física e contestar un cuestionario tipo test, ademais de acreditar o coñecemento do galego.

Presentación solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes, que se enviarán preferiblemente a través da sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal), será de dez días hábiles.

También te puede interesar