RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

O Rexistro Civil de Vigo implanta a cita previa por internet

A través da web www.xustiza.gal pódese reservar quenda

O Rexistro Civil de Vigo comezou a dar cita previa a través de internet para realizar a maioría dos seus trámites. Trátase de evitar a coincidencia de varias persoas e os desprazamentos innecesarios.

Na páxina web www.xustiza.gal, ademais de reservar quenda, pódense descargar algúns dos formularios que hai que cumprimentar, así como as instrucións e a documentación que é necesaria achegar para a execución dos trámites.

Por outra banda, a oficina habilitou un número de teléfono (886 218 498) para simplificar o contacto coa cidadanía.

Horario

O Rexistro Civil de Vigo atende ao público en horario de 9 a 18 horas, de luns a venres, e, os sábados, de 10 a 13 horas. É obrigatorio pedir cita a través de internet para os seguintes trámites: presentación de capitulacións e traslados de inscricións; expedientes de matrimonio; inscricións de matrimonio do Rexistro Central; cambio de nome e sexo; expedientes de invertido de apelidos; de cambio de nome e apelidos; fé de vida; inscrición de nacementos e presentación de documentación; información e expedientes sobre nacionalidade; e certificados e duplicados do libro de familia.

También te puede interesar