Vigo al minuto

Empezan as expropiacións para a ampliación de Navia

Abrangue 1.600 novas vivendas de protección, 1.200 aparcadoiros en un novo carril bici

Vigo: a conselleira de Vivenda en Navia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda informou en Vigo de que a Xunta iniciou, hoxe, o proceso de expropiacións para a ampliación Navia, ás que se destinarán 14,5 millóns de euros.

Ángeles Vázquez sinalou que se trata dun “paso decisivo” para incrementar o número de vivendas públicas na cidade e engadiu que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se inicia o proceso de
información pública dos proxectos de expropiación, que durará un mes.

265.000 m2 e 1.600 vivendas

En total, adquiriranse preto de 120.000 m 2 , para dispoñer así da totalidade dos terreos —265.000 m 2 — nos que se prevé construír 1.600 vivendas de protección pública.

Segundo explicou Ángeles Vázquez, a expropiación dos terreos implica adquirir 202 parcelas nos tres polígonos nos que se divide a ampliación do plan parcial —aprobado o pasado verán— e que, tras a súa urbanización, estarán en condicións para construír novas vivendas para as familias, os mozos e os colectivos que precisan de máis oportunidades.

A conselleira lembrou que traballa de xeito paralelo no proxecto de urbanización da totalidade do ámbito. A previsión é presentalo este mes. Para iso, deberá contar co visto e prace do Concello para poder iniciar a comercialización do solo e, en consecuencia, a construción das vivendas. “Agardamos que o Concello lle dea prioridade a aprobación desta
urbanización e, polo tanto, que sexa unha realidade máis pronto que tarde”.

1.200 aparcadoiros e un carril bici

A ampliación de San Paio de Navia, na que se prevé un investimento total duns 250 millóns, tradúcese en urbanizar un total de 265.000 m 2 , dos cales máis de 24.000 serán destinados a equipamentos públicos e outros tantos a zonas verdes. Ademais das 1.600 vivendas previstas, tamén se definirán unhas 1.200 prazas de aparcadoiro e un carril bici de máis de 2 quilómetros.

También te puede interesar