RGPD - Cookies
Comarcas

Tui humanizará San Domingos destacando o seu patrimonio histórico coma a vía romana

Contemplará a mellora do pavimento e dos servizos e a creación de espazos informativos e de lecer para peóns

O Concello de Tui vai levar a cabo a humanización da travesía de San Domingos dende a rúa Antero Rubín, pasando pola travesía de San Francisco e rematando a rúa Bispo Lago. O obxectivo é a posta en valor deste vía coma arteria singular de conexión entre o centro urbano e a igrexa de San Domingos.

Aprobación da Consellería de Cultura

O anteproxecto redactado conta cos informes de viabilidade de sectoriais favorables, incluído o de Cultura que está condicionado á realización de catas para a elaboración do proxecto final e inicio das obras.

Precisamente, o Pleno ordinario deste xoves, irá a dotación do crédito preciso para realizar as catas arqueolóxicas.

Mellora integral

A actuación contempla o acondicionamento do actual pavimento; o soterramento dos subministros; renovación do saneamento; tamén mellorarase a recollida de augas pluviais, protexendo os accesos existentes ás vivendas e parcelas.

Un dos obxectivos principais é a recuperación patrimonial desta travesía. coa restauración dos restos da vía romana.

Por outra parte, a humanización plantexa a mellora da iluminación existente. Para iso, instalaranse elementos singulares coa sinalización de puntos de interese coma un panel informativo con iluminación sobre a vía romana e o  Camiño de Santiago.

Crearase tamén unha barreira verde visual , con plantas trepadoras, e unha nova zona de estar para peóns. Por último, está prevista a plantación duns xardíns vertical e horizontal que ocultarán a baixante pegada ao muro de pedra.

También te puede interesar