RGPD - Cookies
Destacados Vigo al día

O Metal da provincia convoca folga o 22 abril

Os sindicatos advirten de que ‘pelexarán’ na rúa por un convenio xusto

Folga Metal Vigo

CIG, UCT e CCOO, anunciaron hoxe a convocatoria de folga no do sector Metal da provincia de Pontevedra. Será o 22 abril en resposta ao «bloqueo da negociación do convenio».

Ante a actitude da patronal, os representantes sindicales aseguraron que van pelexar polo convenio «na rúa», tal e como espuxeron na asamblea de traballadores convoda na Laxe.

Máis de 20.000 traballadores

A negociación do convenio, sinalan fontes sindicais, está paralizada polo «nulo interese» dos empresarios en chegar a acordos en «temas esenciais», como a indemnización por remate de contrato e a adecuación de salarios.

As centrais lembran a súa «vontade» de aprobar un novo convenio, como amosa o feito de que «estivéramos dispostos a asinar un acordo de transición» para dous anos, algo que finalmente non foi posible.

Os sindicatos subliñan que máis de 20.000 traballadores están afectados por este convenio e, repiten, que non permitirán que a patronal «aproveite a crise do coronavirius» para extremar «aínda maís, a precariedade dos empleos».

También te puede interesar