Destacados Vigo al minuto

Marea denuncia que con 62.000 vigueses vivindo na pobreza, o Concello gasta millóns en «obras ornamentais»

Cita o proxecto para cubrir con metacrilato o tranvía de Castelao ou máis de 1 millón no edificio da antiga depuradora de Coruxo

Marea de Vigo alerta de que na modificación de crédito extraordinario, por 13 millóns, aprobado o venres, o Goberno Local volve destinar a maior parte a «obras ornamentais».

Marea de Vigo, sinala que hai máis de 1 millón para campos de fútbol; 123.000€ para cubrir con metacrilato o tranvía de Castelao; 2,3 millóns para reformar a Praza Elíptica ou 1 millón para adaptar o antigo edificio da antiga depuradora de Coruxo.

62.000 vigueses viven na pobreza

A concelleira Oriana Méndez denuncia que o Goberno local prefire eses gastos en vez de «activar un ambicioso plan para a reactivación económica, a cobertura social e mesmo a alternativa habitacional» nunha cidade cun nivel de pobreza cronificado que «supera o 21%».

Para a concelleira de Marea de Vigo non ten explicación que o Goberno local non considere urxente e acaído habilitar axudas directas ao sector da hostelaría e comercio local. Tampouco se xustifica que non aprobe un complemento económico para políticas de protección social, ou mesmo para a adquisición dun parque de vivenda de emerxencia.

Méndez non cree que sexa ético que o Goberno de Abel Caballero siga nunha «campaña publicitaria de ciclo permanente» mentres en Vigo «os índices de pobreza aumentan de xeito galopante e se a exclusión social se consolida».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.