Cultura Destacados

Denuncian podas salvaxes no cemiterio de Pereiró

Son nove tilos que non precisan poda e que aportan numerosos beneficios aos cidadáns

Árboles talados de manera salvaje en Pereiró

Ecoloxistas en Acción e Bosques sen Fronteiras denuncian as «drásticas podas» realizadas no cemiterio de Pereiró. Alí, nove exemplares de Tilos que rodean a capela do cemiterio foron «mutilados» sen motivo aparente.

Ambas organizacións fan un chamamento ao Concello de Vigo para que non se volvan a repetir estos desmochados e que «as podas sexan realizadas sempre por técnicos cualificados en arboricultura».

Árbores que non teñen que podarse

Os tilos mutilados no cemiterio de Pereiró pertencen a unha especie que desenvolve de xeito natural unha gran copa que aporta unha frondosa sombra. Esta especie cotribúe con númerosos beneficios ecosistémicos aos ciudadáns sendo preciso respectar a súa estrutura natural.

Non necesitan poda

Sinalan que as árbores non necesitan  poda a menos que haxa un motivo xustificado.  As podas drásticas  nas que  se  elimina todo a ramaxe máis  xove crean brotacións  desequilibradas. Debido a isto, os puntos de inserción son máis febles e poden presentar problemas futuros de risco de desprendemento da ramaxe.

A  diferencia do que se acostuma pensar as podas non  rexuvenecen a árbore: a estresan e producen un grave dano á estrutura prexudicando a súa saúde.

Crecemento rápido e antinatural

Ecoloxistas en Acción e Bosques sen Fronteiras indican que as podas drásticas producen unhna sobreabundancia de crecemento anormalmente rápido, signo de que a árbore está sufrindo  un  trauma e reacciona medrando dun xeito antinatural  nun  intento desesperado de reemplazar a follaxe que perdeu a causa duna poda excesivamente severa.

Aumento da infeción por fungos

Sinalan, ademais, que con este tipo de podas se aumenta a posibilidade de infeción por fungos no interior da árbore. Isto pode conlevar o avance do apodrecemento e a enfermidade de maneira rápida.

A reducción drástica da copa da árbore, denominada desmoche ou terciado, só debe considerarse  como o derradeiro recurso ou como unha medida provisional, previa a eliminación completa da árbore cando está non pode salvarse.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.