Galicia Vigo al minuto

A Xunta suspende a administración da vacina de Astrazeneca

O presidente Feijóo subliña que a décisión tómase por «prudencia» e que non hai casos de efectos adversos graves en Galicia

A Xunta de Galicia vén de comunicar que «suspende cautelarmente» a administración da vacina de Astrazeneca, que recibiron este sábado milleiros de veciñas e veciños da Área de Vigo.

Segue asi a indicación do Ministerio de Sanidade que ven de anunciar a sua suspensión por un principio de prudencia.

https://twitter.com/sanidadgob/status/1371536964655140872
A ministra de Sanidade, Carolina Darias

A Conselleria de Sanidade lembra que o sistema de trazabilidade permite identificar a vacina administrado coa persoa vacinada. Ata o momento, non se producíu en Galicia ningún caso de reacción adversa grave, aseguran dende a Xunta.

A Xunta estará atenta

O presidente Feijóo subliñou que é unha decisión tomada a nivel europeo por prudencia e amosouse seguro de que «seguiremos con esta vacina máis pronto que tarde».

Feijóo lembrou que esta suspensión é por un período inicial de 15 días e insistiu en que haberá un seguimento de todas as persoas vacinadas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.