Destacados Vigo al minuto

O Naval volve á rúa en Vigo

Berráronse consignas criticando a actitude dunha patronal que decidiu romper as conversas para un novo convenio, tras 14 xuntanzas

CIG, CCOO e UGT desenvolveron hoxe a primeira das protestas do calendario de mobilizacións convocado en «resposta á decisión da patronal do metal pontevedrés de suspender as negociacións para renovar o convenio colectivo provincial».

Delegados/as das tres centrais sindicais levaron a cabo unha concentración en Talleres Fontán en Vigo, mentres que o día 11 trasladaranse a Valga para facer o mesmo diante de Urovesa. E o 24 de marzo teñen previsto celebrar unha asemblea de traballadores/as do sector fronte ao Náutico de Vigo.

14 xuntanzas sen acordo

Durante a mobilización de hoxe en Talleres Fontán, empresa situada na Avenida de Castrelos, despregouse unha faixa co lema “Contra a precariedade. Convenio digno xa!” e berráronse consignas criticando a actitude dunha patronal que decidiu romper as conversas tras 14 xuntanzas, levantándose da mesa e mantendo as súas imposicións e actuando con pasividade e inmobilismo dende o inicio das reunións”.

As centrais apostaron por saír á rúa para visibilizar a necesidade que teñen os traballadores do sector “dunha modernización do convenio». O novo acordo deberá recoller a redución de xornada, subrogación, licenzas, limitación dos centros especiais de emprego, acoso laboral, contratación indefinida, categorías, plans de igualdade, dietas, plus de gardas e unha suba salarial acorde o esforzo que os cadros de persoal fixeron durante todo este tempo de pandemia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.