Galicia Sucesos

Un morto e 16 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

O persoal do 061 atendeu a 17 persoas dende o venres ao domingo

Un morto e 80 feridos nos 61 accidentes de tráfico da pasada fin de semana

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana a 17 persoas debido a 14 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 3 da tarde do venres, 19, ata as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 21 de febreiro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 21 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Os recursos sanitarios mobilizados foron 19. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 16 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes.

En 15 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios, nunha
ocasión atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar