Comarcas

Xa se pode solicitar día e hora para renovar o DNI en A Guarda

As citas son para realizar o DNI o día 10 de marzo e recollelo o día 16.

Concello A Guarda citas renovación DNI

O xoves, día 11, xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles á Guarda para renovar o DNI.

A apertura do prazo para a solicitude de cita no teléfono 986 61 0000, será de 9:00h a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonsos. Hai que lembrar que as citas son para realizar o DNI o día 10 de marzo e recollelo o día 16.

Se a renovación é urxente, hai que ir a Tui ou a Vigo

Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

También te puede interesar