RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

A Xunta impulsa a rehabilitación de catro vivendas máis no Casco Vello

Nun edificio da rúa Real que permitirá tamén habilitar un local comercial

Casco Vello Vigo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda anunciou esta mañá unha nova obra de rehabilitación residencial no Casco Vello. A mesma, indicou Ángeles Vázquez, permitirá obter catro vivendas e un local comercial.

675.000€ nunha actuación impulsada polo Consorcio do Casco Vello

Durante unha visita á zona da actuación –o número 13 da rúa Real-, a conselleira explicou que o investimento previsto para recuperar este edificio ascende a 675.000€.

Neste sentido, engadiu que o Consorcio do Casco Vello de Vigo, promotor da actuación, procederá de inmediato a solicitar a correspondente licencia de obra ao Concello. Así, e «sempre que a Administración municipal cumpra cos prazos estimados, a obra estaría en disposición de poder licitarse antes de que remate o mes de febreiro«.

27,4 millóns de investimento

Ángeles Vázquez destacou o «valioso traballo de recuperación edificatoria e patrimonial» que está a realizar o Consorcio do Casco Vello, organismo participado nun 90% pola Xunta e nun 10% polo Concello de Vigo, «facilitando cos seus investimentos o acceso a unha vivenda a
decenas de familias e a revitalización dunha zona histórica e degradada da cidade»
.

110 vivendas e 33 locais comerciais

A conselleira sinalou que desde o ano 2005 o Goberno galego investiu máis de 27,4 millóns de euros en actuacións de rehabilitación neste ámbito que permitiron poñer no mercado un total de 110 vivendas e 33 locais, «contribuíndo deste xeito a que o Casco Vello recuperase actividade
comercial e social
«.

De todos os inmobles recuperados, 107 xa están actualmente ocupados
por outras tantas familias
, estando só 3 aínda pendentes de adxudicación.

Do mesmo xeito, a conselleira de Medio Ambiente tamén se referiu ás actuacións actualmente en marcha neste ámbito. Concretamente, lembrou as obras que se están a executar en cinco inmobles localizados na zona alta do Casco Vello e no Berbés, cun investimento de máis de 3,8 millóns e grazas ás que 13 familias máis poderán asentarse neste barrio, ademais de obter dous novos locais comerciais.

También te puede interesar