Galicia Vigo al minuto

9.000 veciños de Redondela e Salceda participan nun ‘cribado masivo’ dende hoxe

Están citadas 3.000 persoas de Redondela, 3.000 de Chapela e 3.000 de Salceda, no CovidAuto do Meixoeiro

Detectados 21 casos de COVID en un cribado realizado en Vigo

A Área Sanitaria de Vigo realizará estes días cribados, mediante a proba PCR, a 9.000 veciñas e veciños de Redondela e Salceda de Caselas. De feito, as persoas seleccionadas xa están acudindo hoxe a realizarse a proba PCR no Covid-Auto do Meixoeiro, e o farán durante toda a semana.

Segundo ‘cribado’ en Redondela

Se ben en Redondela xa se tiña realizado un cribado no mes decembro, a Consellería de Sanidade decidiu acometer outro novo ante a elevada incidencia da Covid-9 rexistrada. Así  vanse citar a 3.000 persoas de Redondela e outras 3.000 de Chapela.

3.000 veciños de Salceda

En relación con Salceda, convocarase tamén a outras 3.000 persoas. Con esta actuación complétase o screening poboacional na comarca de Louriña, onde xa se realizou no Concello de Mos e estes días estase efectuando en Porriño.

O obxectivo é captar ao maior número de persoas que estean infectadas pero que non presenten síntomas, xa que supoñen un gran risco para a saúde pública; ao ter un bo estado de saúde, continúan coa súa vida habitual e, polo tanto, poden ser potenciais contaxiadores e estar contribuíndo á expansión do virus.

Persoas de entre 20 e 70 anos

A Área Sanitaria de Vigo oferta participar nesta estratexia a unha porcentaxe da poboación no rango de idade entre 20 e 70 anos; que non teña realizada unha proba PCR no que vai de ano; e dispoña dun teléfono móbil rexistrado no sistema de avisos “Lembra”, que autoriza ás autoridades sanitarias a enviar notificacións a través de mensaxes SMS.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.