Galicia Sucesos

22 feridos en accidentes de tráfico noutra fin de semana sen mortos nas estradas galegas

En 19 casos foi necesario o seu ingreso en centros hospitalarios

Outro fin de semana sen mortes nas estradas galegas

Os profesionais do 061 Galicia asistiron durante a fin de semana a 22 persoas, debido a 20 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres 5 e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 7 de febreiro.

A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 23 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados foron 26. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 2 accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 19 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria nun accidente. As ambulancias convencionais atenderon en tres ocasións.

En 19 casos os feridos ingresron en centros sanitarios e en 3 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar