Galicia Vigo al minuto

A Xunta recibe máis de 2.500 denuncias de competencia municipal relacionadas coa COVID

A administarción autonómica encargase da redacción de documentos e os municipios da súa revisión e sinatura

A Xunta recibiu 2.535 expedientes de denuncias dos 172 concellos adheridos ao convenio asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a tramitación das sancións relacionadas coa Covid-19.

60 acordos de sancións empezando pola falla de uso de máscaras

A Xunta xa está a revisar os expedientes e xa remitiu para a sinatura dos concellos arredor de 60 acordos de inicio dos sancionadores, dando prioridade aos relacionados coa infracción de incumprir o uso obrigatorio da máscara. Ademais, a previsión do Goberno galego é enviar
ao longo da próxima semana máis de 300 acordos para que cheguen canto antes aos presuntos infractores.

A Xunta xa viña tramitando os procedementos da súa competencia por referirse a cuestións puramente sanitarias. Entre elas están as corentenas e illamentos.

Tramitación

Os concellos que se adhiren ao convenio comprométense a iniciar, instruír e resolver os procedementos sancionadores debendo remitir a Xunta a información precisa para que esta poda executar a encomenda de xestión.

Pola súa parte, a Xunta encárgase da elaboración, xestión e notificación dos distintos trámites dos procedementos sancionadores derivados da Covid-19. É dicir: a Xunta encargase da redacción de documentos e os municipios da súa revisión e sinatura.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.