Cultura Vigo al minuto

Opinión: Rúas sen deslindar, unha cidade por mudar

“Necesitamos liberarnos do automóbil. Non só polo prexuizo ambiental é de saúde pública, temos que librarnos do ritmo de vida frenético do que son correa de transmisión”

Xaquín Pastoriza e Cristóbal López | Ecoloxistas en Acción Vigo

“A política non pode ser a xestión do posible se non o arte de crear unha posibilidade antes inadvertida” Daniel Bensaïd

Vigo leva case dúas décadas de políticas moi conservadoras respecto ao proxecto de cidade. Un proxecto de cidade moi ao gosto do neoliberalismo, funcional á acumulación de capital e na que o medio ambiente é unha mera mercadoría. As poucas e timoratas propostas para mudar o modelo de cidade heredado do desarrollismo especulativo franquista apenas acadan saldo positivo no balance con outras medidas aplicadas de corte involucionista. 

O Goberno local atesoura sobrado capital electoral para emprender un proxecto ambicioso de cidade. Seica están maís preocupados de custodiar ese capital que de invertilo en transformar a realidade e mellorar a calidade de vida das e dos vigueses

Semella que o goberno local ten reticencias a adentrarse no novo século, nun modelo de cidade que faga fronte aos urxentes retos que temos por diante, a satisfacción das necesidades da cidadanía e a crise climática . Parece receloso de unirse as cidades que camiñan cara un urbanimo humanizador, como se o abismo se abrira baixo os seu pés saíndose da senda desarrollista.

“A maioría das “humanizacións” limítanse a anchear beirarrúas”

Este inmobilismo conservador acostuma ser penitencia de cidades con gobernos débiles. No caso de Vigo non hai escusas. O Goberno local atesoura sobrado capital electoral para emprender un proxecto ambicioso de cidade. Seica están maís preocupados de custodiar ese capital que de invertilo en transformar a realidade e mellorar a calidade de vida das e dos vigueses. 

“A plataforma única facilita o uso compartido da calzada. Permite ao viandantes ocupar a centralidade da rúa e sublevarse ao imperio do automóbil”

Non hai escusa por ausencia de proxectos contrastados nas cidades que camiñan na vanguardia. Hai transformacións existosas ao longo e ancho do planeta. Un exemplo, a recente proposta de remodelación verde do centro de París, gañando espazos para os peóns e as arbores a costa do asfalto. Ou sen ir tan lonxe, o caso de Gasteiz o seu cinturón verde de hortas ecolóxicas. 

Non hai escusa aludiendo ao diferencial sociolóxico de cidades remotas da realidade galega. Pontevedra iluminanos como un faro na nosa propia terra. 

E moito menos pode arraigar a desidia para acometer a transformacións na escusa dunha sociedade viguesa reaccionaria. Ao dinamismo da cidade olívica non lle alcanza a dúbida. 

“Outra experiencia exitosa é fomentar no pequeno comercio a extensión cara a rúa dos expositores. Unha práctica que agora se limita aos mercadillos e ao terraceo de bares e cafeterías”

Un exemplo do fosil urbanismo que se está aplicando en Vigo son as remodelacións viarias que desde instancias do goberno local, non sen certa dose de atrevimento, tildan de “humanizacións”. Non imos facer causa belli polo alcance desta palabra, bastante temos con que a rescataran da listaxe de tabús da última década. 

Na maioría destas “humanizacións” limítanse a anchear beirarrúas, pero nalgunha destas actuacións, nas poucas nas que se atreven, dótase á rúa de plataforma única seguindo o exemplo das cidades á vangarda do urbanismo que pon ás persoas no centro. A plataforma única facilita o uso compartido da calzada. Permite ao viandantes ocupar a centralidade da rúa e sublevarse ao imperio do automóbil. 

O problema é que non emulan ao urbanismo humanista de vangarda de hoxe en día senon o de hai alomenos dúas décadas. En Vigo diseñase a plataforma única mantendo os deslindes. A pesar de eliminar o relevo manteñen diferenciadas as zonas por usos con marcaxe horizontal e incluso nalgúns casos reforzan o amoxanamento dos lindes con grandes maceteiros. Non se abandona o deseño por bandas de uso. Se pese a preferencia no tránsito da plataforma única xa era difícil que o viandante rompera a barrera sicolóxica que o confina aos marxes, deste xeito semella que todo cambia para que todo continúe igual. Persiste así o uso segregado no que o viandante é relegado aos marxes e a centralidade da rúa segue sendo do automóbil. 

“Necesitamos liberarnos do automóbil. Non só polo prexuizo ambiental é de saúde pública, temos que librarnos do ritmo de vida frenético do que son correa de transmisión”

O viandante como paxaro acostumado á súa gaiola é incapaz de liberarse, aínda que a porta desta estea aberta, ante o temor ao descoñecido. O peón ten unha falsa sensación de perigo ao invadir o territorio do automóbil e apegase á liña de fachada. Porén, as estatísticas indican que son máis seguras as rúas nas que se misturan e conviven distintos usos e modos de mobilidade. O índice de accidentes é moito menor tanto en número como en gravidade nás rúas pacificadas onde o automobíl comparte a calzada co peón. 

Nalgunhas experiencias vangardistas os maceteiros ubicanse na liña de fachada para expulsar da beirarrúa ao viandante e que se vexa obrigado a ocupar a calzada e reclamar o seu dereito a impoñerse ao automóbil. Unha proposta contrastada é o uso e disposición do mobiliario urbano para incitar ao viandante a invadir a calzada. Como acicate para esta reconquista o pavimento da calzada pode ornamentarse e esquivar así a asociación de asfalto negro igual a zona perigosa que ten o peón. Non é necesario recurrir sempre a materiais nobres e onerosos para o erario público, hoxe en día hai solucións como o asfalto impreso con resultados moi atractivos.

Outra experiencia exitosa é fomentar no pequeno comercio a extensión cara a rúa dos expositores. Unha práctica que agora se limita aos mercadillos e ao terraceo de bares e cafeterías. Recuperar este uso da beirarrúa tan normal antaño nas rúas humanizadas facilitaría a reconquista da calzada para usos que non se limitan ao mero tránsito.

Engalanar as fachadas pode ter algún inconvinte se non se atopa unha alternativa para as persoas con mobilidade reducida ou invidentes que necesitan refuxiarse na liña de fachada para desplazarse. Quizás esa dificultade se verá superada pola pacificación do tráfico que conleva a recuperación dunha rúa segura de fachada a fachada para aos viandantes. 

Necesitamos liberarnos do automóbil. Non só polo prexuizo ambiental é de saúde pública, temos que librarnos do ritmo de vida frenético do que son correa de transmisión. Necesitamos romper a polaridad producir-consumir que esixe unha transición inmediata dun polo ao oposto deixando terra queimada polo medio. Un primer paso é recuperar as rúas como espazos de esparexamento nos que a seguridade está garantida dunha fachada a outra, non só nas beirarrúas. 

Recuperar as rúas como espazo seguro grazas ao calmado de tráfico, grazas ao bullicioso trasego de persoas pero sobre todo grazas a uns viandantes que deixan de ser transeúntes en tránsito para experimentar apego polo que sucede ao seu redor. 

Como activistas aprendemos a convivir coa historia mordisqueandonos a caluga para encauzar a nosa lenta impaciencia por transformar a realidade e deixar un mundo mellor trás de nós. Por desgraza, semella que a historia quedou desdentada para o noso alcalde e a súa corporación. Renunciaron a ser políticos ficando como meros tesoureiros do pasado.

You may also like