RGPD - Cookies
Cultura Destacados

Marea de Vigo pide que se cataloguen todos os elementos patrimoniais retirados da vía pública

Cualifica de «chapuza» a retirada das balaustradas e elementos metálicos de Lepanto con Alfonso XIII

Foto:@VigoVindeiro

Imaxe:@VigoVindeiro/Marea de Vigo considera que o proceso de demolición do paso elevado sobre a Rúa Alfonso XIII «foi unha auténtica chapuza».

A retirada das balaustradas de pedra e dos elementos metálicos «foi realizada con maquinaria esnaquizando gran parte dos elementos e sen ningún coidado, pese mesmo a que diversos colectivos patrimonialistas preavisaran da importancia arquitectónica de todo o conxunto, proxectado por Jenaro de la Fuente» sinala Oriana Méndez.

Nin inventario nin catalogación

O seu posterior traslado ás dependencias do parque móbil sen inventario nin catalogación «súmase ás ducias de elementos patrimoniais retirados das vías públicas como os populares farois fernandinos, actualmente amontoados e desmontados no parque móbil; unha instalación municipal que se desmantela pouco a pouco, con cada vez menos persoal e onde xa se teñen producido roubos como aconteceu en maio de 2017″ engade a concelleira.

Marea de Vigo lembra que urbanísticamente en toda Europa o valor das humanizacións é recuperar os elementos patrimoniais «e en calquera capital europea os proxectos son deseñados para, precisamente, preservar o valor etnográfico e patrimonial dos elementos preexistentes».

Marea de Vigo esixe o inventario urxente das pedras do antigo colexio alemán e outros edificios patrimoniais de pedra que unha vez desmontados foron trasladados a estas instalacións, inventario que fai extenso as do chalé Agarimo que permanece abandonado dende hai lustros nunha finca na parroquia de Beade.

También te puede interesar