'Qué te cuentas?' Galicia

O alcalde de Boqueixón pon en marcha medidas fronte ao avance do COVID no seu concello

Suspende todas as actividades de carácter educativo, cultural, deportivo e lúdico ou impón a atención no Concello con cita previa

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, vén de publicar un bando no que informa sobre as medidas que entraron en vigor ás 00.00 horas deste sábado. As mesmas, sinala, adóptanseante o elevado número de contaxios por Covid-19 que se está a dar no municipio, co risco que esto supón para a saúde das personas”.

Suspensión de actividades de carácter educativo, cultural e deportivo

O Concello ordea suspender todas as actividades de carácter educativo, cultural, deportivo e lúdico (excepto as de conciliación), así como as reunións en todos os locais municipais..

A atención presencial nas oficinas municipais realizarase exclusivamente con Cita Previa. “Prégase a toda a veciñanza que, na medida do posible, empregue os medios telemáticos ou telefónicos para realizar trámites co Concello”.

Un número de teléfono do Concello só para persoas que vivan soas

O Concello de Boqueixón habilita un número de teléfono para aquelas persoas que vivan soas, ou que teñan que gardar corentena por mor da Covid-19, e precisen axuda para realizar actividades esenciais (ir á compra, á farmacia…).

“Apélase á responsabilidade da veciñanza á hora de tomar as medidas oportunas para velar pola saúde pública segundo as indicacións das autoridades sanitarias”.

You may also like