Marina Blanco, neumóloga do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), sumouse este venres ás peticións de distintos médicos de Galicia e solicitou a colaboraión cidadá para controlar a baga de COVID, que deixou nas últimas horas 1.802 contaxios. A doutora Blanco pide que se saia da casa «só en casos de extrema necesidade».
Moitos pacientes con insuficiencia respiratoria grave
En declaracións aos medios, a doutora Blanco alerta do aumento «rápido» de hospitalizacións esta semana. Ademáis, advirte de que hai «unha elevada porcentaxe de pacientes con insuficiencia respiratoria grave».
A neumóloga alerta de que estos pacientes precisan «medidas de soporte respiratorio máis avanzadas que o osíxeno convencional».
Ante todo isto, reitera a súa petición, «rogámoslles que colaboren ao máximo no cumprimento das medidas de illamento saíndo só en casos de extrema necesidade»,