Destacados Vigo al minuto

O BNG apunta a que Vitrasa non pode mobilizar todos os buses porque parte deles non teñen o seguro en vigor

Urxe ao Goberno local a que aclare o grao de funcionamento dos servizos do autobus urbano

Servicio especial de Vitrasa para as Festas de Bouzas

O Bloque Nacionalista Galego vén de advertir publicamente que o servizo de autobús urbano da cidade de Vigo inda non funciona ao cento por cento. Por iso, volveu urxir o seu reforzamento na perspectiva de que se poidan aplicar novas restricións de aforo por causa da evolución epidemiolóxica nos vindeiros días e semanas.

A través dunha interpelación na derradeira Comisión Informativa de Servizos e Contratación do Concello, o concelleiro do BNG na cidade olívica, Xabier P. Igrexas, demandou ao Goberno municipal que aclarase o grao de funcionamento dos servizos de bus urbano.

Sin seguro de circulación en vigor

“Temos información de que non se teñen reiniciado o cento por cento dos servizos, a pesar de que o alcalde anunciou que si”, alertou.  Aliás, expresaron a súa preocupación polos indicios dos que dispoñen de que Vitrasa non pode mobilizar todos os buses da súa frota xa que “unha parte carecería de seguro de circulación en vigor“.

Reforzamento

Desde a fronte nacionalista volven demandar o urxente reforzamento do servizo de bus urbano. Neste sentido, Igrexas sinalou que “nun contexto marcado por unha terceira vaga de contaxios de coronavirus de enorme virulencia, e na perspectiva de que se poidan acordar nos vindeiros días e semanas novas restricións de aforo, é fundamental que se reforce con máis buses para evitar que se sigan a dar masificacións de pasaxeiros“.

“O Concello ten que actuar para priorizar o servizo á cidadanía por acima dos intereses da empresa concesionaria”, remachou o portavoz municipal do BNG.

También te puede interesar