'Qué te cuentas?' Galicia

Nieves Cabo, primeira galega en recibir dúas doses da vacina anti COVID, “que non deixen de vacinar, é unha cousa marabillosa”

Ata hoxe, dacordo cos datos difundidos polo Servizo Galego de Saúde, puxéronse xa preto de 50.000 vacinas anti COVID, case a totalidade a residentes e traballadores de centros de maiores

Comeza a dispensarse a segunda dose da vacina contra a COVID-19

Nieves Cabo, de 82 anos de idade, quen fora a primeira galega en vacinarse contra a COVID en Galicia, foi, de novo, a primeira en recibir a segunda dose da vacina de Pfizer-BioNTech.

Non deixen de vacinar

Ás 08:23 horas deste domingo, puxéronlle unha nova inxección contra “o bicho”, como dixo, e pediu “que non deixen de vacinar, que é unha cousa marabillosa”.

Preto de 50.000 vacinas postas xa en Galicia

Ata hoxe, dacordo cos datos difundidos polo Servizo Galego de Saúde, puxéronse xa preto de 50.000 vacinas anti COVID, case a totalidade a residentes e traballadores de centros de maiores. A previsión é que a segunda fase do inicio da vacinación estea rematada antes de que acabe este mes.

También te puede interesar