Destacados Vigo al minuto

A oposición denuncia que o Goberno do Porriño paga 62.500€ a dous ex candidatos socialistas de Oia e A Lama

“A alcaldesa debería sopesar se é necesario que os porriñeses soporten estes gastos para remunerar aos ex candidatos socialistas doutros concellos, que nada teñen que ver co Porriño”

O Partido Popular do Porriño denunciou este venres que o Goberno local vén de realizar unha nova contratación de persoal de confianza, que supón un gasto anual de 31.643,64 €, ocupando dende agora o antigo candidato socialista de Oia, José Antonio Olmedo,o posto de asesor económico e financeiro. Isto, súmase á contratación o ano pasado do ex candidato socialista de A Lama.

“A costa do orzamento porriñés”

Os populares do Porriño preguntan á alcaldesa Eva García cal é a intención política real de colocar a ex candidatos e persoal ligado ao Partido Socialista a costa do orzamento porriñés.

Denuncian unha vez mais, que “os problemas reais dos veciños e veciñas do Porriño non se atopan entre as prioridades do actual goberno socialista, que segue aumentando a nómina dos cargos de confianza e xerando emprego pero só nos cargos do seu partido“.

Máis de 62.500€ a dous cargos nomeados a dedo

Os populares alertan de que o goberno que preside Eva García destinará 62.589,38€ anuais ás nóminas de dous cargos de confianza, “un que foi candidato do Partido Socialista no Concello da Lama e outro que se contrata cun decreto do día 8 de Xaneiro de 2021 e que foi candidato do Partido no Concello de Oia en lugar de investilos na mellora do municipio e no benestar da veciñanza do Porriño“.

Ex candidatos socialistas “que non son nin da comarca da Louriña”


Alejandro Lorenzo, voceiro do PP do Porriño, sinala quie “ás seis dedicacións exclusivas, xa firmadas anteriormente por Eva García, súmanse agora dous soldos máis correspondentes a contratos políticos.

Lorenzo lembra que “pese a terse comprometido en pleno a que tan só se contrataría a unha persoa de confianza, son xa dous os contratos de tipo político que mantemos desde o Concello do Porriño”.

Os populares asegura que “Eva García debería sopesar se é necesario que os porriñeses soporten estes gastos para remunerar aos ex candidatos socialistas doutros concellos, que nada teñen que ver co Porriño; xa que non son nin da comarca da Louriña. Os cargos de confianza da actual alcaldesa son a sucursal do PSOE de Pontevedra“.

Así os dous antigos candidatos do Partido Socialista nos Concellos de Oia e A Lama  xa figuran na nómina do Concello do Porriño  do  goberno que preside Eva García que destinará 62.589,38€ anuais a pagarlles.

También te puede interesar