Galicia Vigo al minuto

A Xunta reforza dende este día 5 as liñas de bus que conectan Baiona, Gondomar e Tomiño con Vigo

Engade 86 frecuencias máis cada semana a estas liñas, que tamén dan servizo a outros concellos situados ao sur da cidade, como A Guarda, O Rosal, Tui e O Porriño

A Xunta reforza a partir de maña, 5 de xaneiro, as liñas de autobús que conectan Baiona, Gondomar e Tomiño con Vigo.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade engade 86 frecuencias máis cada semana a estas liñas, que tamén dan servizo a outros concellos situados ao sur da cidade, como A Guarda, O Rosal, Tui e O Porriño.

Baiona-Vigo, 36 servizos máis á semana

Desde mañá, a conexión entre Baiona e Vigo incorpora en dúas liñas 36 servizos máis cada semana. Trátase de 16 expedicións de ida (15 en días laborables e 1 os domingos) e outras 20 de volta (de luns a venres).
No seguinte cadro amósanse os horarios dos novos servizos, que incrementan a frecuencia de paso dos autobuses entre Baiona e Vigo, o que permite reducir os tempos de espera.

Gondomar-Vigo, 35 servizos máis á semana

Na liña entre Gondomar e Vigo tamén se engaden 35 servizos máis cada semana na liña, que se corresponden con 20 expedicións de ida e 15 de volta de luns a venres.

No seguinte cadro indícanse as rutas e os horarios, que duplican o número de frecuencias de ida desta liña cada día laborable. Deste xeito, refórzase a atención a primeira hora da mañá e redúcese á metade o tempo de espera entre cada autobús ao longo do día, que pasa cada dúas horas.

Tomiño-Vigo

Na liña entre Tomiño e Vigo, que tamén discorre por outros municipios da súa contorna, engádense 15 servizos máis cada semana en dúas liñas. Correspóndense con 10 expedicións de ida e 5 de volta.

O aumento dos servizos nestas dúas liñas incrementa as posibilidades de conexión con Vigo en sentido ida e inclúe unha expedición que chega ata o hospital Álvaro Cunqueiro.

You may also like