Galicia Vigo al minuto

Permitida dende hoxe a mobilidade en Galicia para celebrar o final de ano

Dende as 00:00 horas deste mércores até as 23:00 horas do venres, 1 de xaneiro

Dende as 00:00 horas deste mércores até as 23:00 horas do venres, 1 de xaneiro, está permitida a mobilidade en toda Galicia para ir ou sair dun concello en peche perimetral.

A Xunta permite este movemento, como xa fixo en Noiteboa, para facilitar a celebración do final de ano. Ademáis, amplíase o ‘toque de queda’ en Noitevella ata as 01:30 horas.

Eso sí: o día 1 de xaneiro a hostelaría non poderá abrir antes das 11:00 horas. A finalidade é evitar as reunións que podería haber se abrise ás 6 da mañá.

Cea coa mesma familia que en Noiteboa e non máis de 10 persoas

A Xunta pide que a cea de fin de ano se limite á unidade de convivientes familiar. Se non é posible, e hai dúas unidades familiares, recomenda que se repita coas mesmas persoas que en Noiteboa e non máis de 10. No caso de máis de dúas unidades de convivencia, o número de persoas adultas non poderá superar as 6 e poderá haber 4 nenos de ata 10 anos de idade.

Prohibidas as festas de Fin de Ano

Non se permiten nin as festas de celebración de Fin de Ano, nin as celebracións da chegada de 2021 na rúa, onde tampouco está permitido fumar sen deixar unha distancia mínima de seguridade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.