RGPD - Cookies
Comarcas

‘Fame de Experiencias’ recolle xa 13 premios internacionais

O título de Mellor Película do Mundo nos World’s Best Tourism Film Awards, foi a ‘guinda’ do percorrido internacional deste vídeo da Deputación

O destino Pontevedra Provincia deu en 2020 un «gran paso adiante na súa
proxección internacional»
tralo exitoso percorrido de “Fame de Experiencias” polos festivais que compoñen o circuíto do Committee of Tourism Film Festivals (CIFFT), a cita máis prestixiosa do mundo na industria do marketing de vídeos de viaxes.

A propia participación neste circuíto ten un «efecto multiplicador na difusión do destino ao chegar ao público internacional que é, precisamente, un dos grandes retos que se marcou a Deputación de Pontevedra no Plan Estratéxico de Turismo», sinalan dende o organismo provincial.

13 premios en festivais entre eles o de’Mellor Película’ no World’s Best Film Award

O vídeo da Deputación que rende homenaxe ás produtoras e produtores da
provincia, producido por Esmerarte Industrias Creativas, recibiu premios en 11 festivais da rede, unha traxectoria que coroou co título de Mellor Película de Produto Turístico do Mundo no World’s Best Film Award da CIFFT. A este impresionante palmarés súmase un décimo terceiro galardón internacional ao lograr a distinción como Mellor Película de Promoción de Produto Turístico Español no FITUR Travel Film ¬ 2020, neste caso alleo ao circuíto da CIFFT. Ademais “Fame de Experiencias” obtivo votos desde 41 países na votación popular que convoca a CIFFT para entregar o People’s Choice Award, no que é o público o que elixe as cintas gañadoras. “Hunger for Experiences” acadou as 28.000 visualizacións na rede social Vimeo, desde a que podía visualizarse para votar.

‘Oscar’ do turismo


O título de Mellor Película do Mundo nos World’s Best Tourism Film Awards, os chamados Premios Oscar do Turismo, entregados este ano nunha gala celebrada desde Viena, supuxo a guinda para o percorrido internacional do vídeo da Deputación.

Con este recoñecemento a provincia de Pontevedra converteuse na
única do Estado en obter un primeiro premio neste prestixioso evento
.

Homenaxe as produtoras e produtores con grandes chefs

A película da Deputación foi o eixo central da campaña do destino turístico
Pontevedra Provincia en 2019. «Fame de Experiencias é unha emotiva homenaxe a todas as produtoras e produtores da provincia, que co seu esforzo diario coidan e subministran unha materia prima de excelencia que está na base da recoñecida gastronomía da provincia a nivel internacional».

O chef Pepe Solla (unha Estrela Michelín) e Amaranta Rodríguez, xefa de sala e unha das propietarias de Culler de Pau (restaurante con dúas Estrelas Michelín), poñen rostro e voz ao fío condutor á cinta, na que tamén participan outros grandes chefs con estrela como Xavi Olleros (Culler de Pau), Yayo Daporta (do restaurante que leva o seu nome), Rafa Centeno e Inés Abril (ambos de Maruja Limón).

También te puede interesar