'Qué te cuentas?' Galicia

12 días despois de sair das restricións, Santiago volve ao peche perimetral

Baioan tamén queda pechada perimetralmente dende esta medianoite

O Goberno galego, dacordo coa recomendación do comité clínico, decidiu que esta medianoite, á vista da evolución da pandemia,Santiago volva a estar pechada perimetralmente.

Hai so 12 días, coincidindo coa ‘ponte da Constitución’, que a capital galega, xunto con Ourense deixara o nivel máximo de restricción.

Tamén Baiona

O comité clínico tamén recomendou que os concellos de Ribeira, Bueu e Baiona pasen ao nivel máximo de restricións. Baiona queda nun nivel distinto ao de Vigo o que supón que o seu peche será individual.

También te puede interesar