Ciencia y Tecnología Galicia

Sanidade empeza este xoves un ‘cribado’ con PCR masiva á poboación de Moaña

Esta decisión adoptouse dada a elevada incidencia da Covid-19 mantida nos últimos 14 días no concello

A Consellería de Sanidade realizará un cribado poboacional, mediante a realización de PCR masiva, á poboación de Moaña.

Invítase a participar ás persoas maiores de 15 anos e realizarse unha proba, dende este xoves e e ata o vindeiro martes, na praza do Mercado de Abastos.

Ata alí achegarase un equipo de 14 profesionais  para xestionar este proceso, desde as 8.30 ás 19.30 h.

Vanse instalar 6 carpas ás que a poboación citada poderá achegarse preferentemente no propio automóbil ou ben a pé.

Elevada incidencia da Covid-19

Esta decisión adoptouse dada a elevada incidencia da Covid-19 mantida nos últimos  14 días en Moaña. O obxectivo é captar ao maior número de persoas que estean infectadas aínda que non presenten clínica.

Autotoma de saliva

En Moaña o Sergas habilitou dúas modalidades de recollida de mostras para realizar a proba PCR: a autotoma de saliva e a nasofarínxea.

Así, á poboación de entre 15 e 70 anos se lles se entregará un kit cun tubito xunto coas indicacións para realizar nos seus domicilios unha recollida de saliva: recoller un 1ml de saliva ao levantarse, en xaxún, sen tomar auga e sen lavarse os dentes. Ao día seguinte terán que  entregar o tubo no dispositivo habilitado na carpa situada ao carón da Cofraría.

As mostras serán procesadas no servizo de Microbioloxía do Hospital Alvaro Cunqueiro mediante a técnica de «Pooling» que permite agrupar varias mostras nunha única análise.

A poboación maior de 70 anos, ou aquela que presente maiores dificultades para producir saliva, se lles tomará unha mostra nasofarínxea.

Participación voluntaria

A poboación de Moaña é contactada polo Servizo Galego de Saúde e invitada a realizarse a proba diagnóstica PCR. A súa participación é completamente voluntaria, para elo se lles facilita unha cita -con dia e hora- para achegarse ao dispositivo sanitario.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.