Ciencia y Tecnología Comarcas

A Deputación impulsa un novo alumeado sostible en 43 concellos da provincia

Cunha inversión de preto de 500.000€ favorece o paso a unha economía baixa en carbono

Dentro o marco da «aposta pola sostibilidade», o Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a adxudicación da contratación das obras de renovación das instalacións de iluminación exterior en 43 concellos da provincia.

Estas actuacións están recollidas nos expedientes de axuda concedida polo Instituto de Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE).

Alumeado de Bens de Interese Cultural

O proxecto tamén inclúe o alumeado nos Bens de Interese Cultural (BIC) dos concellos de Baiona, Caldas de Reis, A Guarda, Meis, Poio, Salvaterra de Miño e Vilanova de Arousa.

As actuacións serán financiadas pola Deputación, con 458.169,32€
os concellos e os fondos FEDER. Trátase de proxectos singulares de entidades locais que «favorecen o paso a unha economía baixa en carbono» no marco operativo de FEDER para o crecemento sostible 2014-2020.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.