Galicia Vigo al minuto

O Goberno de Galicia inviste 2,3 millóns en melloras nos centros de ensino de Vigo

Marta Fernández-Tapias sinala entre eles as obras no CEIP Santa Mariña os IES de A Guía, Castelao e Beade e a reforma completa do Santa Irene

A delegada da Xunta en Vigo visitou este xoves o CEIP Plurilingüe Santa Mariña para supervisar o resultado do cambio de cuberta no que se investiron 112.518€.

Marta Fernández-Tapias sinalou que os traballos consistiron na retirada dos distintos materiais existentes e a colocación do nova cubrición co illamento correspondente, a reparación das cornixas e limas e a substitución das respectivas cunetas e baixantes.

Obras en varios centros de Vigo

Fernández-Tapias aproveitou a visita para subliñar que o Goberno de Galicia está a acometer “importantes obras no conxunto dos centros escolares de Vigo”. Entre elas citou as melloras básicas de eficiencia enerxética actualmente en execución nos IES de A Guía (240.777€), Castelao (241.121€) e Beade (236.225€).

Asemade referiuse á rehabilitación integral do IES Santa Irene por un importe total de 1.265.487,82€.

Segundo cifrou a delegada, nestes intres a Consellería de Educación ten en execución nos centros da cidade obras por un valor superior aos 2,3 millóns de euros.

También te puede interesar