Destacados Vigo al minuto

O BNG esixe ao Concello unha «posición firme» ante un novo recheo en Bouzas

Denuncia que a Autoridade Portuaria ten pensado ocupar outros 65.000 metros cadrados de costa

O Bloque Nacionalista Galego vén de demandar do Goberno de Vigo que despregue «unha posición firme» perante os proxectos de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP) e dun novo recheo de 65 mil metros cadrados de Bouzas, promovidos pola Autoridade Portuaria.

Ambos os dous proxectos fican arestora en fase de avaliación ambiental, motivo polo que o concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas, interpelou esta mañá o Goberno local.

O Goberno local non aclara se presentou alegacións

No Consello da Xerencia de Urbanismo, Igrexas preguntou se o Concello tiña xa formulado algunha alegación ou informe en relación á DEUP e ao novo aterramento proxectado en Bouzas, obtendo apenas unha evasiva, por boca da concelleira María José Caride, que se limitou a sinalar que inda se estaba en prazo e que o Concello estaba elaborando os informes, mais sen indicar en que sentido.

O portavoz do Bloque lembrou que en novembro de 2019, levou a Pleno unha moción, elaborada pola Plataforma de Defensa da Ría de Vigo, para expresar o rotundo rexeitamento a novos recheos portuarios e a aposta por un desenvolvemento portuario que parta da racionalización dos usos e no desenvolvemento da PLISAN. A moción resultou rexeitada polos votos do PSOE.

Actuar

«O tempo dos recheos ten que acabar. O desenvolvemento das potencialidades portuarias de Vigo non poden seguir facéndose a costa de novas agresións ambientais contra un ecosistema privilexiado como é  ría de Vigo», afirmou. Igrexas subliñou, ademais, que na altura de 2003 «foi a acción enérxica, determinada e comprometida, do alcalde do BNG, Lois P. Castrillo» a que logrou, utilizando todos os medios administrativos e xurídicos, frustrar o proxecto de macro-recheo de 200 mil metros cadrados no Areal.

«É tempo de tomar partido e de fixar posición. É hora de actuar, de que o Concello diga claramente non a novos recheos, e que aposte en reconciliar a cidade co seu litoral e por protexer a nosa ría».

O concelleiro do BNG instou a Abel Caballero a «deixar de poñerse de perfil» e a que exerza todas as accións ao seu dispor para opoñerse a estes proxectos irracionais que son «herdanza da nefasta xestión de Enrique López Veiga á fronte da Autoridade Portuaria de Vigo»

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.