RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

Marea lembra que os campos da Madroa que usaba o Celta son da Comunidade de Montes de Teis

Pide que se permita o seu uso a clubes que non teñen instalacións coma o Trasnos, de beísbol

Marea de Vigo lembrou este xoves que os terreos que usaba o Celta na Madroa son propiedade da Comunidade de Montes de Teis. O seu voceiro sinala que así o estableceu unha sentenza xudicial.

Rubén Pérez indica que o Concello chegou a argumentar que «o zoo e o complexo deportivo da Madroa ocupaban harmónicamente os terrenos comunais». Quedando sen uso co traslado do Celta a Mos, «o Concello debe abrir agora unha vía para garantir os dereitos dos comuneiros e o cumprimento da legalidade».

Sentenza de 2015

No ano 2015 o xulgado declarou a improcedencia da expropiación dos terreos referidos. Dende entón a Comunidade de Montes agarda que o Concello negocie con eles o pago da expropiación ou outras fórmulas que permitan solventar a situación en beneficio dos dereitos dos e das comuneiras e do propio Concello.

Campos para o uso doutros deportes

Marea de Vigo considera que «ante o eventual desuso futuro das instalacións e dado o seu bo estado, o Concello debería imdemnizar á Comunidade de Montes, facerse coas instalacións e recorvertilas en espazos multideporte, non só para fútbol, que permitiran a súa utilización por parte de diferentes deportes federados ou afeccionados da cidade (rugby, beisbol,…)«, colectivos que actualmente demandan instalacións axeitadas para a práctica deportiva, estando actualmente algúns deles coma o Trasnos de Vigo de béisbol entrenando sempre fóra do municipio a pesar de ser equipos locais.

También te puede interesar