Galicia Vigo al minuto

Finalmente, non haberá suba nos soldos da Deputación, incluindo o da presidenta

O PP denunciara onte a intención do Goberno provincial de aplicar unha suba do 4,5%

A Deputación de Pontevedra non aplicará na corporación provincial a suba
salarial prevista para o ano 2021.

O deputado Carlos Font comunicou este mércores que o Goberno provincial
retirará das bases do orzamento 2021 o paragrafo no que aparece que as
retribucións da corporación variarán en función do que determinen os
orzamentos xerais do Estado.

Denuncia do Partido Popular

A medida anúnciase apenas 24 horas despois de que o Partido Popular de Pontevedra denunciara que os soldos da presidenta, Carmela Silva pasaría de 74.000 a 77.000€ anuais, e o do resto dos deputados con dedicación aumentasen un 4,5%.

Os populares, ademáis, aseguraron que o número desas dedicacións aumentaba de 14 a 16.

«Mentirosos compulsivos«

O propio Carlos López Font desmentira ese aumento, acusando ao Partido Popular de ter coma sinal de identidade a «mentira compulsiva» e de cualificar de «falacias» as declaracións dos seus responsábeis.

Os populares difunden documentos que recollen a suba de soldos

A última hora de este martes, deputados provinciais do Partido Popular difundiron uns documentos que, aseguraban, demostraban a intención dos membros do Goberno da Deputación de subir as súas retribucións o vindeiro ano…algo que, finalmente, non se fará.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.