Comarcas Vigo al minuto

O PP reclama á Deputación unha inversión de 10 millóns para axudar a PEMES e autónomos da provincia

Lembran que é a única deputación galega que non ten un plan de reactivación ante o COVID

O grupo provincial do Partido Popular reclamou este xoves que a Deputación de Pontevedra aprobe un plan de investimentos extraordinarios para “apoiar aos autónomos e pemes da provincia”.

Os deputados Jorge Cubela, Carmen Amoedo e Luis López defenderon en rolda de prensa que este plan é totalmente “necesario e vital”.

10 millóns

A proposta, segundo explicou Cubela, pasa por aprobar un plan de 10 millóns de euros que sexa específico para autónomos, pemes e hostelería. Trátase dunha iniciativa que “xa levou a cabo a Xunta e o resto de deputacións provinciais” sinalou o tamén alcalde de alcalde de Cerdedo-Cotobade.

A Deputación de Pontevedra “desaparecida” na xestión da COVID

O voceiro popular denunciou que “desde xuño a Deputación de Pontevedra está desaparecida na xestión da Covid. Descoñecemos en que traballa”. Cubela salientou que é necesario que a provincia se blinde ante esta pandemia, “é preciso que apoie aos concellos e aos sectores prexudicados”.

Contías aos concellos de menos de 50.000 habitantes

Luis López, alcalde de Rodeiro, indicou que a proposta do PP pasa por asignar unha contía aos concellos de menos de 50 mil habitantes, “fóra do Plan Concellos”.

Con esta cantidade, cada concello convocaría unha subvención “segundo un modelo de bases que é igual para todos os concellos da provincia”.

Seguir o modelo da Deputación da Coruña

López pediu á presidenta da Deputación que tome como modelo o que está facendo a Deputación da Coruña, gobernada polo Partido Socialista, e que “deixe de ser a única deputación galega que non destinou nin un só euro para os autónomos”.

Pago de gastos de funcionamento

O obxectivo, final destas axudas engadiu o alcalde de Rodeiro, é axudar ao pago de gastos correntes e de funcionamento, “como pode ser o aluguer, a luz, o teléfono ou a seguridade social”.

Hay un remanente de 18 millóns para facelo

Carmen Amoedo, voceira municipal dos populares de Redondela, lembrou que recordou quea Deputación ten capacidade económica para asumir estas axudas.

Amoedo sinalou que conta con 18 millóns de euros de remanentes, por iso é “incomprensible” que se poña de costas ás necesidades e urxencias da provincia.

A deputada provincial comentou que “máis de 5,5 millóns de euros dos orzamentos de 2020 foron para publicidade e propaganda”.

También te puede interesar