Galicia Sucesos

A Xunta intervén a residencia de maiores DomusVi Ribadumina

Hai 25 positivos por COVID: 20 residentes e 5 traballadores

A Xunta vén de intervir a residencia Domusvi Ribadumia, co fin de reforzar o persoal do centro. Unha vez avaliada a situación da residencia, as Consellerías de Sanidade e Política Social acordaron tomar esa medida co obxectivo de garantir a calidade asistencial e a correcta proteción da saúde tanto das persoas usuarias como das traballadoras e traballadores do centro.

Un equipo de profesionais do Servizo Galego de Saúde está xa desprazado no centro. O mesmo ocúpase de facer un seguimento médico permanente sobre a situación dos residentes.

Segundo indica a Consellería de Sanidade, os profesionais do Sergas tamén velarán pola continuidade dunha atención sanitaria axeitada na residencia. A residencia xeriátrica Domusvi Ribadumia rexistra, a día de hoxe, 25 casos positivos de coronavirus: 20 entre os usuarios e 5 en traballadores.

También te puede interesar