Galicia Vigo al minuto

Veciños de Teis mobilízanse para esixir a mellora dos pasos elevados sobre a AP9

Convocan unha concentración este martes, ás 17:00h. no paso da Xorxa

Asociación Veciñal de Teis, convoca unha concentración este martes ás 17:00 horas, no paso elevado da Xorxa. A mesma servirá para esixir ao Goberno e a Audasa a mellora dos pasos elevados sobre a autoestrada AP-9 en Teis.

Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, denuncia a asociación, non ten proxecto para mellorar os pasos elevados sobre a autoestrada AP-9 que carecen de mantemento “e teiman en sinalar que os pasos elevados de Xorxa e a Trapa, son pasarelas peonís”.

En xaneiro de 2019, diante da intención de impedir o paso de vehículos, a mobilización veciñal conseguiu que seguisen abertos.

Construídos hai 40 anos

Estes pasos elevados construíronse fai 40 anos para impedir a incomunicación neste lugares de Teis. Segundo subliñan dende a asociación veciñal, “prohibir a circulación de vehículos suporía un gran prexuízo a veciñanza, impedindo o paso de ambulancias ou vehículos de servizo ás vivendas”.

Falta de xestións do goberno municipal

Abel Caballero enviuou en xaneiro de 2019 unha carta, para esixir a mellora destes pasos elevados e afirmou non vou permitir que mutilen unha parte da cidade”. Pasado este tempo dende os veciños pregúntan “cales foron as xestións do alcalde diante do Goberno central para resolver esta demanda ? Nós témolo  moi claro: ningunha”.  

A discriminación da cidade, por parte do Ministerio

Unha vez máis o Ministerio de Transportes, denuncia a Asociación Veciñal, so defende a Audasa. O Goberno discrimina a Vigo: non hai nin un só metro de pantallas contra o ruído, non se produciu a eliminación da peaxe Rande-Vigo, non hai nada da conversión da autoestrada en tramo urbano desde Padín, “agora non queren mellorar os pasos elevados”.

También te puede interesar