Ciencia y Tecnología Comarcas

Nigrán abre o prazo para participar na limpeza de praias da man de Adega

Será o vindeiro domingo, 18 de outubro

O Concello de Nigrán súmase, o vindeiro domingo, 18 de outubro, á xornada de limpeza simultánea de praias, capitaneada pola asociación ecoloxista Adega en toda Galicia. Este ano, por primeira vez, desenvólvese na zona de calas de Lourido.

A xornada arrancará ás 11:30 horas. Tódalas persoas que desexen participar como voluntarias deben inscribirse antes do 16 de outubro no mail [email protected] ou no teléfono 986 368734 aportando nome e teléfono de contacto.

A duración estimada é de dúas horas e o punto de encontro será o campo de fútbol de Lourido-Praia América.

Concienciación e educación

As limpezas de praias son actos simbólicos, nos que non se debe ver ao voluntariado como man de obra barata para deixar limpos os areais. Son actividades de concienciación e educación ambiental que permiten que a cidadanía coñeza a problemática dos residuos mariños, a súa procedencia e os impactos que causan.

Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén do seu impacto visual supoñen un perigo para a fauna e a flora mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un risco para os seres humanos.

También te puede interesar