'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

O Concello non estableceu un límite de pasaxeiros non buses de Vitrasa

O BNG pide ao Goberno municipal que aclare cal é o aforo

O Bloque Nacionalista Galego vén de demandar que o Goberno local aclare cales son os límites de aforo nos buses de Vitrasa. Ademáis, o seu concelleiro pide que se que tomen medidas para garantir que se respeitan.

Aliás, o BNG volveu reclamar que se reforce con máis buses as liñas e frecuencias de maior demanda para evitar amoreamentos e garantir as condicións preventivas fronte á Covid19.

Propostas dende o inicio da pandemia

Xabier P. Igrexas, lembrou que desde o inicio da pandemia o Bloque fixo numerosas propostas ao Comité de Seguimento Municipal da Covid19 en relación con Vitrasa. «O bus urbano é un servizo esencial para a cidade e instamos de maneira reiterada a que se adoptasen medidas para facelo seguro», explicou.

Os condutores non saben cal é o límite de pasaxeiros

Igrexas advertiu que, segundo a información da que dispoñen, a dirección de Vitrasa asegura non ter que cumprir os límites legais de aforo ditados por se tratar de buses urbano e que o persoal non ten constancia formal de cal foi o límite de aforo comunicado desde o Concello.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.