RGPD - Cookies
Comarcas

A Deputación aproba a contratación do servizo de tala de arborado nas estradas provinciais

Carmela Silva subliña que son traballos esenciais “como medida preventiva que facilita a loita contra o lume”

O Goberno da Deputación vén de aprobar a contratación do servizo de tala de arborado no dominio público das estradas provinciais. A inversión no mesm será de 201.500€.

Como destacou Carmela Silva, son traballos esenciais “como medida preventiva que facilita a loita contra o lume”. Amais, este servizo evita o efecto prexudicial que a vexetación ocasiona nas estradas.

O novo contrato para este servizo especifica que as especies a talar “son todas aquelas que aparecen na Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia”.

Carmela Silva incidiu en que «queda claro que imos conservar aquelas árbores singulares que cumpran outro tipo de funcións”.

O servizo contratarase para o 2021 (está en vigor o do 2020) por zonas de
actuación, correspondentes ao norte, centro e sur da provincia. E ademais das estradas provinciais estarán incluídos os camiños de servizo e calquera outro terreo que integren o dominio público.

También te puede interesar