Galicia Vigo al minuto

Carmela Silva insta a Feijóo a que convoque xa ás catro deputacións

Para informar de cómo recibirán os entes locais os “recursos extraordinarios que está a enviar o Goberno do Estado” para afrontar o escenario da Covid-19

Carmela Silva

Se hai uns días era o alcalde de Vigo quen se dirxía por carta ao presidente do Goberno de Galicia, este martes fixo o mesmo a presidenta de Deputación.

Carmela Silva insta ao presidente a convocar “canto antes” ás catro deputacións galegas a unha xuntanza. Na mesma o presidente tería que informar de cómo recibirán os entes locais os “recursos extraordinarios que está a enviar o Goberno do Estado” para afrontar o escenario da Covid-19.

Sen resposta ás anteriores solicitudes

No escrito, Carmela Silva lembra a Núñez Feijoo que aínda que o presidente galego nunca respondeu a anteriores solicitudes de encontro en relación coa Covid19, “agora, ante o escenario actual, considero imprescindible  que esta xuntanza se celebre, incorporando a mesma ás catro deputacións, a FEGAMP e as 7 grandes cidades galegas“.

Inversións derivadas da pandemia

Silva indica na misiva que eses recursos procedentes do Estado van permitir que as administracións más próximas a cidadanía poidan enfrontar ás inversións derivadas da pandemia. Ademáis, sinala a Feijoo que outras comunidades xa o fixeron reuníndose coas entidades locais.

A presidenta provincial subliña que as Deputacións aprobaron recursos para actuacións nos concellos, mesmo de competencias impropias derivadas de normas da Xunta. “Sen embargo, di Silva, a Xunta non puxo a disposición das entidades locais os recursos que precisabamos para garantir  dereitos e servizos imprescindibles hoxe mais que nunca, polas novas necesidades derivadas da crise sanitaria”.

‘Cogobernanza’

Igualmente, a presidenta da Deputación engade que “é unha obriga que cada Administración Pública faga fronte ás súas competencias e non se deriven ao mundo local. Pero tamén é necesario, subliña, que a colaboración e a coordinación veñan acompañadas de medios extraordinarios que a administración autonómica debe facer chegar a todos os concellos, no noso caso, da provincia de Pontevedra”.

Por todo elo, Carmela Silva anima a Núñez Feijoo a “converter á cogobernanza na ferramenta que permita que a cidadanía nos visualice como a representación pública que responde ás súas demandas”.

A presidenta provincial remata o seu afirmando que “é imprescindible que traballemos xuntas e xuntos e que unha parte dos recursos que a Xunta está recibindo do Goberno de España sexan trasladados a concellos e deputacións para poder facer fronte a esta pandemia”

También te puede interesar