Comarcas Vigo al minuto

A loita entre concesionarias do 061 deixa sen eléctridade as bases de Cangas e Moaña durante máis de 24 horas

“Provocou atrasos no proceso de desinfección dos vehículos e a conseguinte inoperatividade das ambulancias”

Un hombre muere en Forcarei al volcar el vehículo que manejaba

A CIG vén de denunciar que “a guerra existente entre as distintas empresas concesionarias do 061” deixou sen subministro eléctrico, este luns, as bases de Cangas e Moaña.

Este feito “provocou atrasos no proceso de desinfección dos vehículos e a conseguinte inoperatividade das ambulancias”. Ademais, o persoal de garda tivo que pasar a noite en establecementos hoteleiros das dúas localidades.

Boicot entre empresas

Delegados da CIG no sector de ambulancias denuncian que as “prácticas de boicot que practican as empresas” está detrás do corte de subministro eléctrico. Dende a central sindical aseguran que ” segundo Ambulancias do Atlántico, a actual concesionaria, foi Ambuibérica, a empresa que antes se encargaba do servizo, a que solicitou o corte do subministro sen previo aviso”.

Como sinalan os delegados da CIG, “o que hai detrás destas disputas é o aforro económico das empresas”. Isto provoca unha “situación de precariedade”, falta de equipamento de protección e deficiencias de limpeza das instalacións.

A merma na calidade do servizo pon en perigo aos pacientes

“Detrás de todas estas carencias que merman a calidade do servizo e poñen en perigo a traballadores e pacientes, está o interese económico das concesionarias do 061: recortan en medios para obter beneficios”.

Doazón de Iago Aspas durante a pandemia

En consecuencia, o persoal do 061 de Cangas e Moaña tivo que recorrer a unha doazón de Iago Aspas para poder afrontar a atención con seguridade durante a pandemia.

“A día de hoxe a empresa aínda non entregou pantallas faciais nin máscaras tipo FFP3”, lembran. Tampouco garante o subministro de uniformidade para substituír a que teñen rota e sen elementos de alta
visibilidade. Despois de case un ano, tan só dispón da metade das prendas, e unicamente para a metade do cadro de persoal

También te puede interesar