Comarcas

CAAN de @depo_es rescata 28 cachorros en Salvaterra, A Cañiza e Meaño

Ata hoxe foron xa 352 os cans e cadelas que desde CAAN atoparon un novo fogar

Persoal do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra rescatou nas últimas dúas semanas a un total de 28 cachorros, pertencentes a catro camadas, nos concellos de Salvaterra, A Cañiza e Meaño.

As crías, cuxas idades oscilan entre o mes e os dous meses, estanse a recuperar nas instalacións da Armenteira, na nova zona de maternidade que estreou a principios do mes de agosto.

Salvaterra

A primeira das camadas, de sete cachorros, foi recollida no concello de Salvaterra o 18 de agosto. Os catro machos (“Medo”, “Salvo”, “Salvado” e “Savo”) e tres femias (“Meda”, “Sava” e “Salvada”) foron atopados coa súa nai “Medai” en condicións críticas, con diferentes patoloxías e moi débiles, pero afortunadamente están a evolucionar de xeito favorable.

A Cañiza

Posteriormente, o día 24 o CAAN rescatou a dez cachorros dunha zona de moi difícil acceso nun monte da Cañiza, despois do aviso dun particular.

Neste caso, non se puido recoller nesa xornada á nai e os catro canciños e seis cadeliñas están a evolucionar moi ben, a pesar de que foron recollidos con apenas un mes de idade. Trátase de “Astra”, “Cana”, “Corsa”, “Saura”, “Landra”, “Algrava”, “Barrilo”, “Ouro”, “Mercurio” e “Granito”.

Meaño
Finalmente, o 2 de setembro recolléronse outras dúas camadas de 5 e 6 cachorros en Meaño, a segunda delas coa súa nai. “Perla”, que así se chama esta última cadela, está a recuperarse nas instalacións da Armenteira xunto a seus dous cachorros “Per” e “Perlo” e as súas catro cadelas (“Perlona”, “Perlina”, “Perniña” e “Rula”), que se calcula que teñen apenas un mes de idade. Doutra banda, a camada de cinco cachorros recollida na mesma xornada está formada por cinco machos, “Jalo”, “Benson”, “Toyo”, “Gudel” e “Rock”, e o persoal do CAAN calcula
que teñen mes e medio.

352 adopcións

O contrapunto destas recollidas de animais abandonados está no ritmo de adopcións que está a acadar o CAAN este ano. Ata hoxe foron xa 352 os cans e cadelas que desde o centro atoparon un novo fogar non só na provincia, senón en distintos puntos da xeografía galega e española e mesmo en Portugal.

A cifra está xa próxima ao récord de adopcións logrado o pasado ano, dun total de 466, de xeito que incluso podería superarse a previsión de 500 adopcións que se mantiña para este 2020.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.