RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

O incendio de Mezquita arrasa máis de 130 hectáreas

Outro lume avanza sen control en O Pindo, no Concello de Carnota

130 hectáreas. Esa é a superficie que ten arrasado xa o incendio que afecta á parroquia de Esculqueira, no concello ourensán de A Mezquita. O lume, que estaba controlado a primeira hora, avivouse e segue activo, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

No control do lume traballan 11 axentes, 25 brigadas, 12 motobombas, tres pas, 12 avións e 9 helicópteros.

Tamén en Carnota

Outro incendio afecta desde a mañá deste domingo á parroquia de O Pindo, no concello de Carnota. Dacordo coas primeiras estimacións, o lume queimou xa unhas 20 hectáreas e segue avanzando.

O perigo é extremo en varios lugares nos que o fogo achegouse ás casas e obrigou ao desaloxo dos veciños.

También te puede interesar