Galicia Vigo al minuto

@Xunta enviou 1,1 millóns de unidades de protección a 164 centros da área de Vigo

Na última semana enviáronse en conxunto 49.700 luvas, 34.739 máscaras e 238 batas a 98 centros

A Xunta vén de incrementar as unidades de protección enviadas aos centros sociais que compoñen a área territorial de Vigo.

Na última semana enviáronse en conxunto 49.700 luvas, 34.739 máscaras e 238 batas. O material de protección e desinfección e limpeza chegou a 98 centros de atención a discapacidade, igualdade, inclusión, de maiores, menores e xuventude.

O total de unidades enviadas é de 85.277, incluindo pantallas e diversos produtos de limpeza e desinfección.

Con este último reparto, as unidades enviadas a un total de 164 centros sociais da áreade Vigo suman 1.136.036: trátase de 578.290 luvas, 473.814 máscaras e 21.346 batas.

Todos estes centros recibiron, asemade, pantallas de protección, gorros, calzas e diversos produtos de desinfección e limpeza.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.