Comarcas

@depo_es dispón todas as medidas de protección nos castelos de Sautomaior e Sobroso e no centro Castro Deza

Abren ao público o vindeiro martes, 2 de xuño

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra

Os castelos de Soutomaior e Sobroso e o centro Castro Deza reabrirán as súas portas, ao igual que o fará o Museo de Pontevedra, o martes 2 de xuño.

A presidenta da Deputación garantiu que “farano con todas as garantías e medidas de seguridade, con plans de continxencia específicos, creados para cada un destes recintos”. Estes plans, subliñou, “serán protocolos vivos, para adecuarse ás novas normas que se vaian aprobando”.,

Carmela Silva salientou que o obxectivo da Deputación “é
converter a todos os nosos equipamentos culturais en espazos seguros”.

Tanto nos castelos de Soutomaior e Sobroso como no centro Castro Deza reforzarase a limpeza, ventilación e desinfección e o persoal contará con equipos de protección.

Así mesmo, haberá controis de temperatura e habilitaranse zonas
de espera específicas e medidas de distanciamento social, con marcadores de distancia de seguridade no chan. Ademáis, será obrigatorio o emprego de mascarilla en todos os recintos, tanto para o persoal como para as persoas visitante.

No caso de Soutomaior, ao tratarse dun museo interactivo, serán tamén de obrigado uso as luvas.

También te puede interesar