RGPD - Cookies
Galicia

Os galegos iremos a votar con mascarilla

Os votantes e membros da mesas levarñan mascarillas, haberá límite de votantes nos colexios e os mesmos estarán hixienizados constantemente

O vicepresidente do Goberno de Galicia e o conselleiro de Sanidade presentaron este mércores o ‘operativo’ que a Xunta ten planificado para as Eleccións do día 12 de xullo.

Este plan ten coma obxectivo que os galegos voten coas «máximas garantías de seguridade».

Dacordo co mesmo-tal e como o aprobará este xoves o Goberno galego: Será obrigatorio votar con máscara. Se o elector non dispuxese dela, poderá usar as que se facilitarán no local de votación.

Tamén haberá que usar o ‘xel’ hidroalcólico antes de votar e nos colexios electorais haberá luvas, para as persoas alérxicas ao xel.

Os membros contarán con varios xogos de máscaras e pantallas faciais.

Nos colexios deberán gardarse as distancias de seguridade. Ademáis, estableceranse cal será a cantidade máxima de persoas que poden estar no interior.

Durante a xornada electoral haberá persoal de limpeza de forma permanente para facer desinfeccións frecuentes.

O Goberno galego propoñeralle á Xunta Electoral que fomente o voto por correo e que os maiores de 65 anos non formen parte das mesas.

También te puede interesar