Comarcas Vigo al minuto

As medidas postas en marcha polo Goberno local axudan a que @AsNevesConcello so teña un caso de coronavirus

Ante a entrada na ‘fase 1’ da desescalada da limitación da mobilidade por mor da pandemia do Covid-19, o Goberno municipal das Neves vén de facer públicas as medidas aprobadas polo Goberno do Estado e de lembrar a necesidade de seguir gardando a distancia social, o lavado frecuente de mans e uso de mascarilla nos supostos recomendados.

Dende o Concello sublíñase que nas Neves hai un so caso confirmado de coronavirus un feito ao cal contribuíron as iniciativas postas en marcha polo Goberno local, medidas que seguen vixentes e aplicándose a día de hoxe.

Reparto de material de protección

Entre elas cabe salientar a entrega de máscaras e luvas ás traballadoras e traballadores de todos os establecementos abertos ao público no concello-supermercados, farmacias, tendas, quiosco ou a gasolineira- ás que se sumarán aqueles que comezaron a abrir este luns.

Tamén se está a realizar a distribución, en máis de 30 puntos de toda a vila, de máscaras a todas as veciñas e veciños  das Neves que as precisen, unha medida reforzada coa entrega, na casa, de mascarillas a persoas que non podían desprazarse e a estudantes dos centros de ensino.

Do mesmo xeito, o Concello fixo chegar material de protección individual EPIs, luvas, máscaras, pantallas e batas, ás traballadoras e traballadores municipais como os de Axuda no Fogar , Servizos Sociais ou de limpeza, tamén ao persoal do Centro de Saúde, onde o Concello instalou unha mampara para separar unha zona específica ,na que se pode atender as nenas e nenos de Pediatría que cheguen ao centro con febre e reforzar, aínda máis, a seguridade de cantos teñen que ir ao médico.

Onte refórzouse esta medida, coincidindo coa reapertura, con cita previa, do departamento de Servizos Sociais colocando no propio Concello dispensadores de xel hidoalcólico e caixas con mascarillas hixienizadas para aquelas persoas que acudan a facer calquera xestión.

Limpeza e desinfección

Así mesmo dende hai seis semanas, persoal de Concellería de Servizos Públicos realiza a desinfección nos lugares máis transitados das Neves-coma o Mercado, gasolineiras, farmacias, supermercados, panaderías, bancos, parada de taxis, tendas, o Centro de Saúde, prazas ou a oficina de Correos-, ademais dos edificios públicos.

Esta actividade complétase coa hixienización de 331 puntos nos que se atopan as illas e contedores do lixo e a ampliación do número deles para a recorrida de envases de plástico -os colectores de color amarelo- .

Este traballo faise en todas as parroquias, poñendo especial coidado nas zonas nas que é máis habitual o paso e o movemento de veciños e que,  subliña o concelleiro de Servizos Públicos e segundo tenente de alcalde, Óscar González, “se repetirá as veces que sexa necesario e durante o tempo que sexa preciso”.

Colaboración veciñal para confección de mascarillas

Ante o aumento da demanda de material de protección individual e as dificultades para cubrir a necesidade que hai do mesmo, o Concello puxo en marcha unha iniciativa de colaboración veciñal para a confección de batas e mascarillas reutilizables, a partir de tecido de uso sanitario,  que aporta a coordinadora do equipo solidario de bastas e mascarillas de Ponteareas,  Maite Isla.

Nesta iniciativa, na que colaboran 40 veciños e veciñas das Neves, entre elas unha voluntaria de máis de 90 anos, o Concello achega os tecidos xa cortados ás casas destas veciñas, que son as encargadas da súa confección e, xa rematadas,  é tamén o propio Concello o encargado de recoller as mesmas e facer a súa distribución, neste traballo contan coa colaboración desinteresada da taxista local, Nieves Rodríguez.

También te puede interesar