Destacados Vigo al minuto

Dende este martes haberá en Vigo 22 rúas peonís de 5 da tarde a 11 da noite

Este martes o Concello fai peonís maís rúas da cidades que xa estarán así o tempo que dure a actual crise sanitaria causada polo coronavirus. As novas peonalizacións, de 17 a 23 horas, en días laborables, benefician a zonas de Vigo como Balaídos, Travesas, Centro, Calvario ou Teis, entre outras.

As novas rúas peonis serán as seguintes:

Zona Balaídos/Castrelos: rúas Caleira, Pablo Iglesias e Olímpicos

Zona Povisa/Traviesas: López Mora (entre Pintor Lugrís e Camelias) e Hispanidade (entre Camelias e Pintor Colmeiro)

Zona Torrecedeira: Pi y Margall (desde Llorente) e Severo Ochoa (entre Marqués de Valterra e Jacinto Benavente)

– Zona centro: Carral, Victoria, Concepción Areal e Montero Ríos

– Zona Calvario: Aragón (sentido Travesía de Vigo)

– Zona O Castro: Paseo dos Cedros, Travesía Marqués de Alcedo e Nicaragua (entre Taboada Leal e Praza Elíptica)

– Zona Estación de autobuses: rúas Estornino e Gregorio Espino (entre Aguia e Jenaro de la Fuente)

– Zona Teis: Purificación Saavedra, Pedro Alvarado (entre Enrique Lorenzo e Maceiras), Santander e Doña Fermina

– Zona Barreiro: Antonio Nieto Figueroa

Con estas 22 novas duplícanse desde mañá o número de rúas peonís de luns a sábados. Esta decisión ten coma obxectivo  ampliar o espazo dispoñible para que a cidadanía poida manter a distancia de seguridade e minimizar o risco de contaxio do Covid-19. Nas vías peonís se permite aos residentes a circulación rodada a un máximo de 10 quilómetros por hora. A “app Vigo” e a web do Concello recollen o listado das peonalizacións en vigor en cada momento.

También te puede interesar