Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

@vigohistorico difunde un vídeo no que demostra que o túnel non é necesario para facer peonil a Porta do Sol

O colectivo VigoHistorico vén de publica un vídeo onde demostra que o túnel é “completamente innecesario” para a peonalización da porta do Sol. Neste vídeo, resumo do traballo “outros camiños para a peonalización”, explica como se podería proceder a liberar de tráfico de forma gradual, máis sostible e respectuosa co patrimonio.

Dacordo cos seus estudos, “a peonalización sen túnel é moito máis necesaria e posible que nunca, xa que o que se necesita para a saida da pandemia do COVID-19 é espazo social nas vilas. Sair do confinamento aproveitando para limpar de fumes Vigo”.

Na opinión deste colectivo, bastaría aplicar as acertadas medidas de cortes de tráfico que está a realizar o Concello, e gardar os fondos do túnel para outras infraestructuras orientadas a reducir o tráfico, non a soterralo. “Fondos que poderían ser destinados tamén á reconstrucción da actividade post confinamento. Xa que a propia Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP)  promove cambios na destinación de fondos da  Estratexia de Desarrollo Urbano Sostenible e Integrado (EDUSI) para a loita contra o virus e a recuperación económica”.

También te puede interesar