RGPD - Cookies
Vigo al día

Hematoploxía do Cunqueiro fixo este mércores o seu transplante de médula número 12 deste ano

O servizo de Hematoloxía do CHUVI, situado no Hospital Álvaro Cunqueiro, mantén a súa actividade de atención aos pacientes ingresados na Unidade de Hospitalización, que está completamente separada e illada das unidades hospitalarias de COVID-19.
O servizo, que dirixe a doutora Carmen Albo, realizou no dia de onte o seu transplante de medula número 12 desde que comezou o ano. A actuación foi un  autotrasplante de células nai do propio paciente, un home ingresado na planta de Hematoloxía e diagnosticado de  linfoma.
«A actual situación sanitaria que estamos vivindo non está condicionando a nosa programación, e a nosa actividade transplantadora mantense en niveis similares aos habituais», explica o supervisor de enfermaría do servizo, Francisco Román.  De feito, en Hematoloxía están agora mesmo ingresados 20 pacientes que necesitan estar no hospital por distintos tratamentos.
Os transplantes de medula lévanse a cabo na mesma habitación do paciente, con illamento inverso, o que supón estar nunha atmosfera de «presión positiva» para evitar calquera tipo de infección. A intervención realízaa un especialista en  hematoloxía  e persoal de enfermaría.
Da ducia de transplantes de proxenitores hematopoiéticos (medula ósea) que levan realizados no que vai de ano, 9 foron  autólogos (autotransplantes) e os outros 3, aloxénicos (de doador). Estes últimos son os realizados con células nais sas, obtidas do sangue ou a medula ósea dun doador emparentado co paciente, ou dun doador non emparentado, con características xenéticas similares ás do enfermo.
Un servizo que é referencia
A unidade de Transplante de Proxenitores Hematopoiéticos (TPH) do servizo de Hematoloxía do CHUVI está acreditada polo Grupo Español de Transplante Hematopoiético   para  todas as modalidades de TPH en idade adulta: autólogo (autotransplante), aloxénicos (de doador emparentado e non emparentado), de proxenitores de sangue de cordón umbilical, e Infusión de linfocitos de doador.
«Hai que subliñar –asegura Román- que o servizo de Hematoloxía do Álvaro Cunqueiro realiza todo o proceso de transplante, dende a extracción dos proxenitores, a súa conxelación e conservación, e a posterior infusión ao paciente».
Os transplantes autólogos son aqueles nos que poden utilizarse tanto a medula ósea como as células nai que circulan polo sangue do propio paciente. Unha vez extraídas e tratadas con medicación, vólvense a infundir ao paciente.

También te puede interesar